Cuiña aborda na dirección Xeral de Calidade Ambiental propostas para a rexeneración da zona d
- Laura Moure

- 16 jul 2022
- 3 Min. de lectura
A avaría no bombeo da traída situado en Chapa quedou reparada en menos de 24 horas
Laura Moure/Silleda
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo este venres un encontro na Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para abordar distintas cuestións. A reunión tivo lugar ca directoral xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez Castellanos, e o subdirector deste departamento e nela plantexáronse posibles solucións para a recuperación integral dos terreos que ocupa a canteira de
Campomarzo, na parroquia de Abades.

Tamén neste mesmo encontro Cuiña interesouse pola situación do vertedoiro de inertes da mesma localidade, a fin de desatascar a situación de mesmo, agora con nova empresa propietaria. Durante o encontro, os mandatarios autonómicos informaron a Cuiña que os informes técnicos non aprecian filtracións contaminantes neste vertedoiro.
Xestións para a planta do plan PIMA
Outra das cuestións que se abordaron neste encontro, solicitado dende a Alcaldía sillendense, foi o estrado dos permisos e xestións para a instalación da planta de biorresiduos no parque empresarial Área 33, a fin de licitar esta dotación. Silleda é un dos municipios galegos que recibiu o visto bo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico con este proxecto a través do Plan de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA).
O importe concedido é de 189.020 euros, o que a convirte na contía máis alta dos 13 municipios galegos que se beneficiarán da convocatoria e a segunda máis elevada de España. O investimento total ascende a 227.000 euros, xa contemplados no orzamento municipal deste ano.
Con esta instalación búscase reforzar a xestión e o tratamento dos residous no muncipio, cunha planta que terá unha capacidade prevista de 1.200 quilos diarios de residuos, para reconvertilos en compost. O obxectivo inicial é dar saída aos restos orgánicos que se producen a diario en establecementos de hostalería, centros educativos, residencias e
outras entidades, para recuperar de xeito máis eficiente estes restos, ademais de reducir as emisións de gases e poder reutilizar novos recursos naturais.
Trátase dun modelo que establece a chamada economía circular, que plantea beneficios ambientais, económicos e sociais, e que permitirá cumprir cos obxectivos da Comisión europea para reducir a eliminación de residuos en vertedoiros e reciclar o 65% dos residuos municipais no ano 2030.
Dende o Concello de Silleda lémbrase que a materia orgánica consitúe a fracción de maior peso dos residuos urbanos. “Esta dotación suporá un paso cualitativo na xestión dos residuos, na que vimos traballando nos últimos anos e na que queremos seguir avanzando
para lograr unha maior sostenibilidade”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
Arranxo problemas traída
Por outra banda, a avaría no bombeo da traída situado en Chapa quedou reparada en menos de 24 horas. O pasado mércores, logo de rexistrarse dito imprevisto nunha das dúas bombas, dende o Concello de Silleda púxose en alerta á poboación da zona da Bandeira apelando a un consumo responsable da auga.
As 11:00 horas do mércores a bomba entrou no taller e onte xoves ás 15:00 horas estaba xa traballando con total normalidade, recuperando os depósitos os niveis. Dende o goberno municipal, o alcalde Manuel Cuiña, advirte que nestas últimas 48 horas non se rexistrou nin unha sola queixa polo funcionamento do servizo, ao tempo que felicita e agradece o intenso traballo realizado nas últimas horas polo personal do departamento, de
garda as 24 horas do día.
Só se rexistraron baixadas de presión nas vivendas situadas nos edificios máis altos (4º e 5º pisos). “Deste xeito queda probado que o voceiro do Partido Popular volve a mentir, despois de afirmar na última sesión que a localidade da Bandeira levaba tres días sen auga”, engade o alcalde. "En canto á situación na zona de Silleda, cun bombeo en Taboada, indicar que a día de hoxe están a funcionar as dúas bombas, necesarias para dar resposta ao aumento de consumo nos últimos días. O Concello de Silleda mellorou nos últimos anos o servizo de abastecemento municipal de augas coa substitución dunha das dúas bombas da estación de Taboada, xunto ao río Deza, cun custe de 10.000 euros que se afrontou en xullo do pasado ano".
Esta actuación veu a complementar outras realizadas con anterioridade como a ampliación da captación da traída da Bandeira, na zona de Cumbraos, e outra en Siador.







Comentarios