top of page

Cuarta Xusta recibe o Premio Terra de Melide á Defensa do Idioma 2026

Laura Moure/Melide

O grupo musical Cuarta Xusta recibiu o Premio Terra de Melide á Defensa do Idioma 2026.  O Servizo de Normalización Lingüística e Cultural da Terra de Melide convoca este premio que pretende destacar o traballo dunha persoa ou entidade que se teña distinguido polo seu labor en prol da plena normalización do galego no día a día da Terra de Melide. O Concello de Melide é unha das entidades que forman parte do Premio, xuntos cos concellos de Toques e Santiso e varios centros educativos.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O xurado decidiu por unanimidade outorgar este recoñecemento á formación, que comezou a súa camiñada en Melide en 20216, valorando a súa traxectoria musical desenvolvida integramente en galego, alén de moitas das letras das súas cancións son reivindicacións en prol da lingua galega.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Cuarta Xusta tense convertido nun dos gripos de rock fusión máis importante do panorama musical galego. O xurado tamén valorizou a súa permanencia no tempo, pois este 2026 a formación cumpre unha década.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page