top of page

Cruz Vermella promove en Lalín unha formación de carpintería en colaboración co Concello e Inasus

30 may
1 min de lectura

Arrancará o 16 de xuño e a data límite de inscrición é o 5

Laura Moure/Lalín

Cruz Vermella no Deza co apoio do Concello de Lalín e Inasus, pon en marcha unha nova acción formativa dirixida a mellorar a empregabilidade das persoas empadroadas en Lalín e facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

En concreto, desenvolverá unha formación de Operario/a de carpintería metálica, que tamén inclúe un curso de prevención de riscos laborais e outro de carretilla elevadora. Ademais, esta formación ofrece a posibilidade de realizar prácticas en empresas, o que permitirá ao alumnado adquirir experiencia real no sector, actualmente en crecemento.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Esta iniciativa, de carácter presencial, terá unha duración de 50 horas e está previsto que de comezo o próximo 16 de xuño, estendéndose ata o 30 de xuño. O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas en participar poden apuntarse ou solicitar máis información na sede de Cruz Roja (c/ Nuno Eanes de Cercio, 44, Lalín) chamando ao 986 78 25 81 ou a través do correo electrónico lalin@cruzroja.es 

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A data límite de inscrición é o 5 de xuño. Esta acción enmárcase dentro do compromiso de Cruz Roja coa mellora da empregabilidade, proporcionando formación práctica e adaptada ás necesidades actuais do mercado laboral.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page