top of page

Cruz Vermella mobilízase en Lalín contra o abandono de residuos na contorna da praia fluvial Pozo do Boi

A actividade realizouse o pasado sábado coa colaboración de 11 persoas voluntarias da organización


Laura Moure/Lalín

A colaboración entre Cruz Vermella e LIBERA (un proxecto de SEO/Birdlife en alianza con Ecoembes) segue traballando para evitar a deterioración ambiental e impulsar as boas prácticas para coidar e preservar a natureza. Cruz Vermella en Lalín sumouse a esta iniciativa realizando unha recollida de lixo pola contorna da praia fluvial Pozo do Boi en Vilatuxe.

Basuraleza é un termo acuñado desde o Proxecto LIBERA que define a contaminación das contornas naturais por residuos de orixe humana, unha catástrofe ambiental que afecta a todas as especies, incluído o ser humano. O obxectivo da campaña ‘basuraleza’ é incidir na prevención para que os residuos que xeramos non sexan abandonados en contornas naturais. As diferentes campañas e mostraxes de recollida de ‘1m2 contra a basuraleza’ realízanse en catro momentos diferentes do ano, ao longo de todo o territorio nacional.


Os resultados que lanza o informe non deixan lugar a dúbidas: requírense accións enfocadas a minimizar a basuraleza ambiental a través de medidas lexislativas, así como en programas de educación e concienciación ambiental, que dean a coñecer de que maneira poden afectar os residuos tanto á contorna natural como á propia saúde das persoas. Os residuos plásticos son os que máis predominan en todas as campañas de recollida, cun 36,4% de presenza sobre o total de desfeitos, e os obxectos máis contaminantes por excelencia son as cabichas seguido das latas de bebida e bolsas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cruz Vermella ten o compromiso de reverter este problema mediante a realización de talleres relacionados coa diminución do consumo de produtos e trata de aumentar a conciencia sobre o impacto que produce o lixo na contorna natural ao longo de todo o ano. A Organización traballa con diferentes colectivos, facendo especial fincapé no traballo con colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade, posto que son os que padecen con maior intensidade os efectos da degradación do entorno natural.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page