Cruz Vermella mobilízase contra o abandono de residuos na área recreativa da Carixa sumándose a ‘1m2 contra a basuraleza’
- Laura Moure
- 19 mar 2024
- 2 Min. de lectura
A actividade tivo lugar este sábado coa colaboración do voluntariado da organización
Laura Moure/Vila de Cruces
A colaboración entre Cruz Vermella e LIBERA (un proxecto de SEO/Birdlife en alianza con Ecoembes) segue traballando para evitar o deterioro medioambiental e impulsar as boas prácticas para coidar e preservar a natureza. Cruz Vermella en Lalín sumouse este sábado a esta iniciativa realizando unha recollida de refugallos na área recreativa da Carixa, en Merza (Vila de Cruces).

Basuraleza é un término acuñado dende o Proxecto LIBERA que define a contaminación dos entornos naturais por residuos de orixe humano, unha catástrofe ambiental que afecta a tódalas especies, incluído o ser humano. O obxectivo desta campaña é incidir na prevención para que os residuos que xeramos non se abandonen na natureza.
Publicidade
As diferentes campañas de recollida de ‘1m2 contra la basuraleza’ realízanse en catro momentos diferentes do ano, ó longo de todo o territorio nacional. Os resultados dos informe non deixan lugar a dúbidas: son precisas acciones enfocadas a minimizar a basuraleza medioambiental a través de medidas lexislativas, así como en programas de educación e concienciación ambiental, que dean a coñecer de qué maneira poden afectar os residuos tanto ó entorno natural como á propia saúde das persoas. Os residuos plásticos son os que máis predominan en tódalas campañas de recollida; e os obxectos máis contaminantes por excelencia son as colillas, seguido das latas de bebida e as bolsas.
Publicidade
Cruz Vermella ten o compromiso de reverter este problema mediante a realización de obradoiros relacionados coa diminución do consumo de produtos; e trata de aumentar a conciencia sobre o impacto que producen os refugallos no entorno natural. A Organización traballa con diferentes colectivos, especialmente cos que se atopan en situación ou risco de vulnerabilidade, debido a que son os que padecen con maior intensidade os efectos da degradación do entorno natural.
留言