top of page

Cruz Vermella lanza unha campaña para promover o voluntariado en Lalín

Os programas dirixidos á infancia son nos que se precisa máis axuda


Laura Moure/Lalín

Cruz Vermella vai desenvolver durante as próximas semanas unha campaña co obxectivo de promover o voluntariado para os seus programas en Lalín. Levaranse a cabo diferentes accións de divulgación durante todo o mes, repartindo dípticos e carteis tanto en Lalín coma nos concellos limítrofes.


Os destinatarios desta campaña son aquelas persoas maiores de 16 anos, con inquietudes

sociais e que dispoñan dalgunhas horas libres á semana. Ademais, non fai falla ter un perfil

específico, xa que a institución facilita a formación necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade. Principalmente, preténdese ampliar o número de persoas voluntarias que se animen a participar nos distintos proxectos que se desenvolven dirixidos á infancia, especialmente para Promoción do Éxito Escolar.

Actualmente, a asemblea local de Cruz Vermella en Lalín conta coa colaboración dun equipo de voluntariado activo de más de 50 persoas que cada día participan dunha

forma solidaria e altruísta no desenvolvemento dos diferentes programas. No último ano,

desenvolvéronse 1.882 horas de acción voluntaria na vila que permiten a realización dunha serie de actividades que non serían viables sen a aportación das persoas voluntarias. Sen embargo, a maior demanda de servizos sociais e os novos problemas emerxentes fan necesaria unha maior incorporación de voluntarios e voluntarias á Institución.


A Forza V, a Forza do Voluntariado

Cruz Vermella é a organización co maior movemento voluntario do mundo. Como referentes neste ámbito, Cruz Vermella busca seguir innovando para coñecer as inquietudes e causas que orientan ó voluntariado a prestar axuda ós demais, apostando por un modelo de voluntariado que evoluciona, que se forma e que é activo, solidario e crítico.


Para a Institución, todo o que pasa réxese polas leis da física: igual que los obxectos caen

pola gravidade, igual que a forza afecta ós obxectos en aceleración, existe a ‘Forza V’, a forza que move ó voluntariado ante una situación de necesidade para responder, para axudar no seu entorno, e en todas partes.

Así queda demostrado día a día, acompañando a persoas maiores para paliar unha

situación de soidade non desexada, escoitando as que precisan un desafogo emocional,

orientando e formando ás que necesitan un emprego ou entregando bens e produtos de

primeira necesidade en xeral a quen o precisa.


O perfil máis numeroso das persoas que deciden facer voluntariado en Cruz Vermella é

o de muller, cunha media de 41 anos, e estudos superiores, que realiza a súa acción de

voluntariado na área de Intervención Social.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page