top of page

Cruces ultima os detalles organizativos para gozar da observación da eclipse dende o Alto da Madanela

11 ago
2 min de lectura

Só para os coches debidamente inscritos habilitarase unha zona de aparcamento que abrirá de 17 a 19 horas


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces ultima os detalles organizativos para procurar unha gozosa tarde mañá, mércores, na contemplación da eclipse desde o Alto da Madanela cunha asistencia prevista de arredor de cincocentas persoas.

A este miradoiro, a 650 metros de altitude, accédese pola estrada PO-960 (parroquia de Carbia); hai senllos indicadores visibles nos dous sentidos da circulación na desviación que leva ao lugar, cunha boa sinalización ata a propia ermida.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ata arriba hai uns 2,5 km e disporanse zonas de aparcamento regulado antes de chegar á cima, estacionamentos que abrirán de 17 a 19 horas, exclusivamente para os vehículos inscritos. Tamén haberá unha zona cun número indeterminado de prazas para coches NON inscritos, pero non poderán subir ata as 18 horas. Pecharase unha vez que se completen os sitios que se poidan acondicionar.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O veterano astrónomo Eduardo Ojero, natural de Valladolid, afincado na parroquia cruceña de Piloño, fará unha explicación previa á observación da eclipse cara ás 19:30 horas no propio lugar de concentración. O experto sinala que se poderán ver uns 20 segundos da ocultación total do sol sobre as 20:30 horas. “Hai unha banda da totalidade da eclipse onde a sombra da lúa ocultará por completo o sol, mergullando esa zona na escuridade”, segundo explica Ojero, que posúe unha extensa carreira como astrónomo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Traballou no Centro de Astronomía Espacial da Axencia Espacial Europea (Villanueva de la Cañada, Madrid), actualmente é forma parte da Sociedade Galega de Astrónomos e está xubilado. Ojero destaca tamén as principais medidas de protección para visionar sen riscos a eclipse. Ve indispensable o uso de gafas homologadas, ademais de extremar as precaucións coa cativada. Cómpre colocarse os lentes mirando ao chan; en calquera caso sen mirar ao sol.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page