top of page

Cruces promociona o seu galo de Curral na Semana Verde de Silleda cunha degustación gratuíta

O alcalde e o resto da corporación municipal percorreron a feira e promoveron o municipio no seu propio stand


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces tivo unha gran presenza na Feira Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrou en Silleda do xoves 30 de maio ao domingo 2 de xuño. O Concello tivo un stand promocional polo que pasaron centos de visitantes vendo as propostas turísticas e gastronómicas do municipio.

O alcalde, Luis Taboada, e o concelleiro Julio López, asistiron á inauguración oficial do xoves, ademais de achegarse ao stand do programa de rutas de sendeirismo ‘Goza do

Ulla 2024’ na feira Turexpo Galicia 2024, enmarcada na Semana Verde. O Concello de

Vila de Cruces forma parte deste programa no que se fomenta o turismo de natureza.

Tamén na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), que se desenvolve na

programación da Semana Verde, organizouse o venres unha degustación gratuíta do

galo de Curral, cociñada polo establecemento crucense Casa Don Din, na que estivo

presente a corporación municipal e polo que pasou un gran número de persoas a

probar o galo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Xa o domingo celebrouse un showcooking a cargo da empresa Culinaria de Silleda,

onde se puxo en valor o galo de curral lembrando a difusión por toda España que fai

esta firma deste produto crucense con pratos preparados para o Nadal ou outras

festividades. Actualmente, Culinaria ten un convenio de colaboración coa Asociación de

Criadores do Galo de Curral.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O concelleiro Julio López asistiu a este showcooking onde falou do éxito da última

edición da XXX Festa Gastronómica do Galo de Curral, celebrada o último fin de

semana de maio. A festa aspira a converterse en Festa de Interese Turístico Nacional.

“O galo de curral é un produto único, criado en liberdade, que come millo, trigo e verzas

en explotacións artesás, criado con moito cariño aínda que isto supoña unha produción

máis pequena. Corren todo o día, crean unha gran musculatura e queiman a graxa

para que o produto final xa cociñado sexa exquisito” –explicou–.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page