Cruces programa o ‘Verán cultural na rúa’ con actividades variadas cada fin de semana
- ecosdacomarca
- 24 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces presenta a súa programación para este verán, unha iniciativa chamada ‘Verán cultural na rúa’. O programa abarca os meses de verán –xuño, xullo e agosto–, co foco de actividade os venres e sábados ao aire libre.
Publicidade
O concelleiro de Cultura, Julio López Carballal, explica que nesta programación, moi
extensa e participativa ano tras ano, realizaranse todo tipo de actividades, culturais e de ocio, para persoas de todas as idades. Nela ten cabida a música, con concertos,
corais, rondallas, gaiteiros ou bandas de música, ademais de maxia, pallasos e globoflexia.
Publicidade

Comments