top of page

Cruces oferta pilates, adestramento funcional, iniciación ao voleibol, zumba e patinaxe artístico

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os interesados poderán anotarse no ximnasio a partir do 19 de setembro


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces presentou este mércores os carteis promocionais das actividades, saudables e deportivas, dirixidas aos veciños e veciñas do municipio. Está previsto que estas actividades comecen a impartirse a partir do 3 de outubro (a condición de que se complemente un mínimo de inscritos por cada modalidade).

As actividades que se propoñen son:

  • Pilates, con comezo o 4 de outubro, os días martes e xoves nun horario comprendido entre as 16:00 horas ás 19:00 horas que se determinará ao estar todos os anotados para adaptalo ao grupo.

  • Adestramento funcional, que tamén arrancará o 4 de outubro, os días martes e xoves en horario de 20:30 a 21:30 horas.

  • Iniciación ao voleibol, que empezará o 5 de outubro os mércores de 18:45 a 19:45.

  • Zumba, que arrancará o 3 de outubro, os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas.

  • Patinaxe artística, con comezo o 4 de outubro para grupos cos seguintes horarios: Iniciación16:45 – 17:30; Perfeccionamento 1: 17:30 – 18:30; Perfeccionamento 2 15:45 – 16:45 horas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desde o Concello aconsellan que todo o que estea interesado en practicar algunha destas actividades se anote canto antes, xa que as prazas son limitadas. A inscrición e información destas actividades serán no ximnasio municipal a partir do día 19 deste mes en horario de tarde. Tamén poden poñerse en contacto para máis información no número 617 409 895. "Lembramos a todos os participantes que se nalgunha destas disciplinas non se chega ao mínimo de alumnos necesarios, non se poderá realizar", recalca o Concello.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page