top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Cruces e Antas acollen hoxe mobilizacións para defender as montañas galegas fronte aos eólicos

Ecos da Comarca/Deza/A Ulloa

A Coordinadora “Eólica así non”, formada por máis de 170 entidades galegas, convoca varias mobilizacións hoxe, sábado, 11 de decembro, que se celebrarán en toda Galicia con motivo do Día Internacional das Montañas. O obxectivo destas é reivindicar a defensa das montañas galegas fronte a invasión eólica, reclamar unha vez máis unha moratoria eólica real e efectiva de todos os proxectos eólicos en tramitación e unha nova planificación eólica máis xusta, sustentábel e respectuosa co medio e coas persoas que viven no rural, fundamentada nun modelo enerxético diferente que non poña en risco o futuro do noso territorio.

Haberá este sábado mobilizacións en 22 localidades galegas. Nas comarcas terán lugar en Vila de Cruces e en Antas de Ulla. En ambos lugares será ás 12:00 horas. En Cruces será na Praza do Concello e en Antas, na Praza Nova e ademais da concentración neste último concello haberá unha andaina.


Poden consultarse a lista de municipios que se unen a esta iniciativa na seguinte ligazón:


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page