Cruces convoca o Plan Madruga do CEIP Cerdeiriñas e o Plan Concilia do CEIP Nosa Señora da Piedade
- Laura Moure
- 5 jun
- 2 Min. de lectura
O prazo de inscrición estará aberto do 9 ao 16 de xuño no rexistro do Concello ou na súa sede electrónica
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces convoca o Plan Madruga e o Plan Concilia para os centros escolares de Cerdeiriñas e a Nosa Señora da Piedade para o vindeiro curso 2025-2026, co obxecto de cubrir as necesidades de conciliación das familias cruceñas.
O Plan Madruga está destinado ao alumnado do CEIP Cerdeiriñas de Piloño. Terá dous horarios: de 8:45 a 9:45 horas, cun prezo de 20 euros por fillo/a ao mes (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 15 euros) ou tres euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro); e de 8:00 a 9:45 horas, cun prezo de 25 euros por fillo/a ao mes (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 20 euros) ou cinco euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro).

No caso do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, as familias poderán solicitar a súa praza no Plan Concilia. Haberá diferentes horarios de tarde: cunha hora de servizo, de 15:25 a 16:25 horas de outubro a maio, ou de 14:40 a 15:40 horas en setembro e xuño, ambas opcións cun prezo de 20 euros ao mes por fillo/a (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 15 euros) ou tres euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro); e tamén con dúas horas de servizo, de 15:25 a 17:25 horas de outubro a maio, e de 14:40 a 16:40 horas en setembro e xuño cun prezo de 30 euros ao mes por fillo/a (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 25 euros) ou seis euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro).
Publicidade
A solicitude de inscrición e a documentación complementaria, obrigatoria para conseguir a praza, poderase presentar no rexistro do Concello ou na sede electrónica do 9 ao 16 de xuño. En caso de que queden prazas libres, abrirase un prazo de inscrición extraordinaria no mes de setembro.
O Concello realizou unhas enquisas entre os pais e nais do alumnado para valorar as súas necesidades actuais de conciliación, e concluíron continuar cos plans Madruga e Concilia nos respectivos colexios.
Comments