Laura Moure/Vila de Cruces
Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Vila de Cruces entrega desde este xoves paquetes de bolsas coa imaxe de Xela Arias, a quen se lle adica este ano esta data, a todos os comercios da vila. Son unhas bolsas de papel que respectan ao medio ambiente e que os comerciantes poderán utilizar este próximo día 17 ( Día das Letras Galegas), que aínda que sexa festivo autonómico coincide co día de feira da localidade.
Dentro do grupo de goberno a concelleira Mireya Otero foi a primeira en aprobar este proxecto cando se reuniron para sacalo adiante, xa que ela viu desde o primeiro momento este tipo de actividades como unha inversión e non un gasto, algo que desde a concelleira de Facenda hai que ter en conta, "porque cunha mesma inversión axudan á cultura, fomentan a lingua galega e dan unha pequena axuda o comercio local".
Unha feira que se antolla multitudinaria e que o tenente alcalde, Julio López, espera sexa "unha oportunidade para o comercio local que tan mal o esta pasando nos últimos meses", pero tamén é coñecedor de que nestes momentos, nos que xa non estamos en estado de alarma, todos e todas temos que seguir protexéndonos do virus e roga que todos os asistentes desfruten do mercadillo e de Vila de Cruces, pero sempre respectando a distancia de seguridade e as medidas de prevención. Ademais, pide que o tempo acompañe e que se teña "moito sentidiño".
Comments