top of page

Cruces celebrará o mércores a xuntanza anual dos maiores coa participación de máis de 500 persoas

Haberá música, da man de Carlos Manteiga, misa, un xantar de convivencia, unha homenaxe á muller e ao home de máis idade, sorteo de agasallos e baile


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebrará o vindeiro mércores, 30 de xullo, a 32ª Xuntanza das Persoas Maiores de Vila de Cruces, nas Insuas de San Ramón, na parroquia de Gres. A xuntanza, que contará con servizo de transporte gratuíto para o traslado ás Insuas de

Gres, comezará ás 12:30 horas coa recepción dos máis de 500 asistentes.

A continuación, ás 12:45 horas, actuará o músico Carlos Manteiga; ás 13:15 horas celebrarase unha misa e, de seguido, o xantar de convivencia cun menú a base de

empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, bebida e café. Na sobremesa, farase unha homenaxe á muller e ao home de máis idade e celebrarase un sorteo de

agasallos. A xornada pecharase cun gran baile para todos os asistentes. En caso de chuvia, a comida realizarase no pavillón municipal de Cruces.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Concello indica que esta xornada é unha oportunidade para compartir recordos, alegrías e bos momentos con quen foron e seguen sendo “exemplo de entrega, esforzo e sabedoría”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O rexedor, Luís Taboada, indica que é a festa máis importante de Cruces xunto coa festa do Galo. “Render homenaxe á nosa xente da terceira idade, mulleres e

homes, é unha obriga e un acto de confraternidade. Poder falar con eles, enriquecernos cos seus testemuños de vida e poder abrazalos é un gozo e un privilexio. Pero, ademais, a xuntanza ten un profundo sentido de estímulo comunitario, particularmente importante nas aldeas e parroquias. O contacto persoal tamén nos descobre, en ocasións, algún tipo de necesidade ou carencia. En todo caso, será un día moi feliz xuntos”, segundo explica Taboada con emoción.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page