top of page
Foto del escritorLaura Moure

Cruces amplía o horario do ximnasio, que a partir do 1 de outubro abrirá oito horas diarias de luns a venres

O prazo de inscrición para as actividades deportivas dirixidas estará aberto do 24 ao 30 de setembro, de maneira presencial no ximnasio


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces presenta a súa programación deportiva para 2024/2025, cunha gran novidade para esta tempada, a ampliación do horario do ximnasio municipal, sito na rúa Centro Médico, 2.

O alcalde Luís Taboada; a concelleira Noemi Lois; e o representante da empresa Discóbolo, Moncho Sueiro, e un dos monitores, Xoan, onte durante a presentación das actividades.

O ximnasio abría, ata o de agora, só media xornada polas tardes. A concelleira de

Benestar Social, Deporte e Sanidade de Cruces, Noemi Lois, explica que esta instalación

tiña unha gran demanda entre a veciñanza e desde o consistorio decidiron prolongar a

súa apertura. A partir do 1 de outubro abrirá de luns a xoves, en horario de 10:00 a 13:00

horas e de 17:00 a 22:00 horas, e o venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00

horas.


Publicidade

Tamén a partir do 1 de outubro o Concello de Vila de Cruces iniciará as súas actividades

dirixidas con cinco escolas deportivas: pilates, os martes e xoves con catro grupo en

diferentes horarios; patinaxe artística, os martes e xoves con tres grupos en diferentes

horarios; adestramento funcional, os luns e mércores en horario de 20:45 a 21:45 horas;

acondicionamento físico, os mércores e venres en horario de 9:00 a 10:00 horas; e

zumba, o grupo 1 os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas, e o grupo 2 os martes e

xoves de 19:30 a 20:30 horas. “Nas actividades dirixidas aumentamos de catro a cinco as

escolas deportivas este ano, con moita demanda e aceptación en pilates e patinaxe

artística” –indica a concelleira–.


Publicidade

O prazo de inscrición comezará o vindeiro martes, 24 de setembro, e finalizará o luns, 30

de setembro, ou tras esgotar as prazas dispoñibles para cada actividade. As solicitudes

de inscrición deberán tramitarse de xeito presencial no ximnasio municipal, en horario de

17:30 a 21:30 horas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page