top of page

Cruces acolle unha mostra da XVI Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas da Fundación Paco Lareo

A exposición inclúe 12 obras de pintura e escultura dos nove creadores que participaron no encontro do pasado mes de xullo


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vilade Cruces acolle a exposición dos traballos artísticos creados durante a XVI Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas da Fundación Paco Lareo “A Solaina de Piloño” polos nove artistas participantes no encontro. A exposición, na que se exhiben 12 obras de pintura e escultura, foi presentada no Concello polo alcalde Luís Taboada; a presidenta da Fundación Paco Lareo, Carmen Lareo; e o concelleiro de Cultura, Julio López Carballal.

foto

O alcalde agradeceu a cesión destas obras á Fundación Paco Lareo, pezas que compoñen unha mostra que se poderá visitar desde onte e ata o 30 de abril nas escaleiras do Consistorio en horario de mañá.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Fundación Paco Lareo “A Solaina de Piloño” organizou entre os días 7 e 13 de xullo de 2024 a ‘XVI Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas. Encontros Culturais no Rural’ na súa Casa Museo A Solaina de Piloño. Participaron nove artistas chegados de diferentes puntos de España que foron seleccionados e convidados polo padroado da Fundación para participar nesta actividade: Ada Garrués Paularena (Pamplona), Aitana Iglesias Rodríguez (Lalín), Alba Matilla Iglesias (Asturias), Clara Letón Gil (Madrid), Inés Ortiz García (Burgos), Jesús Ramos Valencia (Cáceres), Noa Blanco González (Lalín), Manuel Cruz López (Almería)e Carlos Santos (Colombia), afincado na capital do Deza.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os participantes crearon ao longo da semana diferentes obras nos talleres, intercambiaron opinións, experiencias e sentimentos. A xuntanza tamén serviu de homenaxe póstuma ao artista multidisciplinar Paco Pestana (Castroverde, 1949- Lugo, 2021).


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page