Sen embargo, o Concello afirma que os mandaron xa onte. En Antas de Ulla comezarase hoxe a vacinar a estes profesionais

Laura Moure
A Consellería de Sanidade acaba de actualizar a relación de concellos que xa enviaron as listaxes do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para poder conseguir o antes posible a vacinación de todos estes traballadores. Os municipios que aínda están pendentes de remisión son: Allariz, Amoeiro, Cabanas, O Carballiño, Castro Caldelas, A Coruña, Malpica de Bergantiños, Meira, Moaña, Monfero, Negueira de Muñiz, Negreira, O Porriño, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, O Rosal, Vila de Cruces e Xunqueira de Espadanedo.
Sen embargo, o Concello de Vila de Cruces informa que os datos están remitidos dende o día de onte. "O motivo da tardanza foi porque enviaron o mail a un correo ao que non se tiña acceso por parte do persoal do Concello. Dende o consistorio puxémonos en contacto coa Fegamp para que enviaran o formulario a cubrir a un correo do Concello para poder tramitalo. No día de onte enviaronse todos os datos correctamente", explica o Concello cruceño.
A Xunta de Galicia continúa a avanzar no desenvolvemento do Plan galego de vacinación fronte á Covid, en paralelo coas directrices marcadas pola Comisión Nacional de Salud Pública na estratexia nacional de vacinación. Deste modo, Galicia está xa a vacinar ao persoal do SAF, explicitamente incluídos no grupo 3B de dita estratexia. A este respecto, solicitou o pasado 22 de xaneiro á Federación Galega de Municipios e Provincias que trasladara aos Concellos a necesidade de remitir a información do persoal do seu SAF, convintemente acreditada por unha persoa responsable d Concello, fora o secretario ou secretaria municipal ou o propio alcalde ou alcaldesa.
コメント