top of page

"Crespo recoñece inscricións indebidas no Padrón e asina varias baixas", sinala o O PSOE de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os socialistas reclaman novamente que se leve a cabo unha investigación interna no Concello


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín revela que "o alcalde de Lalín, José Crespo, acaba de asinar mediante decreto de Alcaldía a baixa de varias persoas de orixe estranxeiro do Padrón Municipal tras ser detectada pola Policía Local, tal e como reza o decreto, a súa “inscrición indebida”".


O alcalde, afirman os socialistas, "recoñece así, unha vez máis, de facto, a existencia deinscricións irregulares no padrón, cuestión que negou en numerosas ocasións e en diversos foros. Isto vén a darlle a razón ao Partido Socialista sobre a suposta existencia dunha trama de empadroamentos irregulares no Concello de Lalín, xa denunciada hai máis dun ano e sobre a que permanece aberta unha investigación xudicial".

foto
O Consistorio de Lalín. Autor: Ecos da Comarca.

Así, os socialistas reclaman novamente que tamén se leve a cabo unha investigación interna no Concello que arroxe luz sobre a suposta trama de empadroamentos irregulares que se utilizaban, segundo a Policía Nacional, para a obtención fraudulenta de permisos de residencia, entre outros trámites. Lembran que na xunta de seguridade mantida no pasado mes de setembro, o subdelegado do Goberno, Abel Losada, reclamou que se levase a cabo unha depuración do padrón. "Esta medida foi negada desde o Concello, nun primeiro momento, pois non recoñecían ningunha irregularidade a pesar de informacións sobre pisos con empadroamentos ficticios, etc".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Tras negalo todo e culpar a outros como fan sempre, agora recúan e fan un traballo sobre o padrón que tiñan que ter feito hai moito tempo”, explican os socialistas. Desde o PSdeG-PSOE recordan que as irregularidades foron denunciadas en reiteradas ocasións polo grupo municipal e que o goberno local non só negou as denuncias, senón que tratou de desviar responsabilidades culpando á Subdelegación do Goberno. “Agora queda demostrado que a competencia do padrón é exclusivamente municipal e que, polo tanto, o primeiro responsable destas irregularidades é o propio alcalde”.


Os socialistas confían en que a investigación que están levando a cabo as forzas de seguridade chegue ata o final e depuren as responsabilidades necesarias.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page