top of page

Crespo incorporará á empresaria Bea Canda e ao gandeiro Marcos Mariño nos postos de saída

Ecos da Comarca/Lalín

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Lalín, José Crespo, anunciou onte dúas novas incorporacións “en postos de saída” á lista coa

que concorrerá as eleccións do vindeiro 28 de maio: a empresaria Beatriz Canda Rodríguez e o gandeiro Marcos Mariño García.

Crespo, que visitou este sábado xunto con ambos candidatos a parcela na que se

comezará a construír este ano o Edificio de Servizos Integrados de Medio Rural,

limitouse a adiantar que “irán entre os 11 primeiros”, sen especificar postos

concretos, e avanzou que haberá “algunha incorporación máis” nese primeiro tramo

da candidatura.


Tras anticipar que presentará a lista completa ao longo da vindeira semana, Crespo

salientou tamén que “haberá unha importante renovación no resto da candidatura

para darlle entrada a novos valores e mozos e mozas con moito talento e proxección

procedentes de Novas Xeracións”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

En relación ás dúas incorporacións presentadas hoxe, Bea Canda, de 43 anos de

idade e veciña de Lalín, xestiona a empresa familiar Almacenes Canda e ata onte formaba parte da xunta directiva da Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e de AJE Pontevedra, cargos nos que vén de presentar a súa dimisión “para non interferir na independencia e no traballo de ambas asociacións” tras aceptar a proposta de Crespo para formar parte da candidatura do PP de Lalín.


Pola súa parte, Marcos Mariño García, de 31 anos e veciño do lugar de Ribas, na

parroquia de Losón, é gandeiro de profesión, músico da Banda de Vilatuxe -toca a

tuba- e é o actual pedáneo da súa parroquia.

Crespo amosouse “moi satisfeito” coa aceptación da súa proposta para incorporarse

ao equipo do PP e manifestou que “tanto Bea como Marcos van enriquecer a candidatura e van aportar novas ideas e unha nova visión para seguir mellorando as áreas coas que profesionalmente están máis vinculados”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page