top of page

Crease unha comisión para as Festas de Verán de Silleda con xente moza vinculada á SD Silleda


Laura Moure/Silleda

Silleda contará cunha nova comisión de festas para organizar as celebracións de verán previstas do 6 ao 9 de xullo.

O grupo está formado por xente nova vinculada ao club SD Silleda, que xa nos últimos días mantivo encontros cos responsables do goberno municipal e da Asociación Cultural O Lacón, entre outros. Forman o grupo Ricardo Espantoso, Paula Rozas, Alan Loto, Rubén Fernandez, Diego Suárez,Pablo Fontao e Mateo Colmenero.


A comisión, que deu o paso con intención de continuar varios anos, ten previsto iniciar a vindeira semana o petitorio, agardando a colaboración da veciñanza de Silleda para a celebración dos festexos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello, o alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de cultura, Mónica González e a concelleira de Urbabismo, Paula Fernández, agradeceron o paso dado por este grupo de xente moza para continuar ca organización dos festexos de verán da vila, que terá ademais durante eses días unha das xornadas festivas no municipio, o vernes 7 de xullo coincidindo ca Festa Gastronómica do Lacón.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page