Corredores do Run Run Monterroso obteñen a vitoria no circuíto Miño-Ulla 2022
- ecosdacomarca
- 13 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ademais, subíronse ao podium nas carreiras de Paradela, Lugo e Pantón
Ecos da Comarca/Monterroso
Este sábado 8 de outubro celebrouse a primeira edición da carreira de Paradela (Lugo), proba esixente a pesar dos oito quilómetros do seu percorrido. Tras a disputa obtivo a vitoria Rubén Bahía do Run Run Monterroso por diante de Germán López do Lucus Caixa Rural Galega e de Alejandro González do Club Montepenarrubia. Coa celebración da proba de Paradela dábase fin o circuíto Miño Ulla 2022 que esta edición tivo 686 participantes.

Dende o Run Run Monterroso destacan a vitoria na clasificación individual do circuíto de Rubén Bahía e que seis corredores do equipo quedaron entre os oito primeiros da clasificación individual.
O domingo 9 de outubro corredores do Run Run Monterroso participaron na VI carreira popular de montaña club Fluvial de Lugo e na XX carreira popular rota do románico concello de Pantón. Tras a disputa de ambas probas colleitáronse novos podiums. Na carreira de Lugo Ander Castro quedou primeiro da súa categoría e terceiro na xeral acompañando no podium o gañador da proba Ivan Sangiao de os Biosbardos e o segundo clasificado Juan Pablo López do Abrente.
Pola súa parte, Aila Fernández gañou a súa categoría e quedou 3ª no podium xeral feminino xunto a gañadora Chus Conde do Lugo Running Club e a 2ª clasificada Tania Estrada.
Por outra parte, na proba de Pantón trouxo a vitoria na súa categoría de Paula Vázquez
Comments