Corredores do GTR disputaron o Chandrexa Trail e Os 21 do Camiño
- ecosdacomarca
- 22 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza

Os corredores do Galaico Trail Run disputaron en días pasados dúas importantes carreiras. Por unha banda o Chandrexa Trail, celebrada neste municipio da provincia de Ourense,, e por outra, Os 21 do Camiño, que tivo lugar entre Palas de Rei e Melide.
O 18 de xuño disputouse no concello ourensán de Chandrexa de Queixa o Chandrexa Trail, Campionato individual Xunta de Galicia de carreiras por montaña na distancia de 34 quillómetros e 2300+. Por parte do Galaico Trail Run competiron Alberto Villamor que acadou un estupendo noveno posto con 4:10:22 horas nunha proba de gran dificultade na que tan so os tres primeros clasificados baixaron das 4 horas. O 11º posto no veterano B logrouno Francisco Javier Dapena. Xa na distancia máis curta de 18 km e 960+ a Tamara García subiu ata o más alto do pódium cun tempo de 2:14h e tamén participou Camilo Framiñán quedando no posto 25.
"Non pasou desapercibida para os nosos corredores "Os 21 do Camiño" disputada entre Palas de Rei e Melide o pasado sábado onde Cristóbal Dafonte, Sé Senande, Belén Riádigos e Patricia Varela desfrutaron desta xa ben coñecida proba organizada pola Asociación deportiva Cerne. Esta media maratón, considerada unha das mellores de España, agota as súas inscripcions en poucas horas, inunda o Camiño Inglés de voluntarios, gaiteiros, veciños e voluntarios onde máis que unha carreira, parece unha festa. Moi boa organización e espectacular avituallamento final onde repor forzas", resalta o clube. "Destacar a 1:30 horas de Cristóbal e o 5° posto en Mulleres de Patricia, sendo a 1° da sua categoría nun tempo de 1:38 horas".
Comments