Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Cornado revive despois duns 30 anos o Día das Fillas de María con versos e rosas

Laura Moure/Touro

Este domingo 15 de maio, ás 13:30 horas, a parroquia de Cornado, en Touro, festaxeará, despois duns trinta anos, o Día das Fillas de María con versos e rosas.

Asistentes a esta celebración no ano 1991.

A tradición, de máis de cen anos, consistía en facer unha procesión ó redor da igrexa, na que os nenos da parroquia, vestidos de branco, lanzan pétalos de rosas á imaxe da Virxe para logo recitar diferentes versos de tradición oral. O recitado remata cantando todos os asistentes unha cantiga típica do día das Fillas de María e coa entrega de rosquillas aos pequenos que participaron na ceremonia.

"Este ano imos desfrutar dun novo día das Fillas de María. E, gracias a unha veciña, María del Carmen Santiso Curros, que soubo gardar uns dez versos tan ben na súa cabeza, durante estos trinta anos", explica a Asociación de Veciños O Batán Cornado. "Uns dezanove nenos van tirar pétalos á Virxe e, os máis maiores, recitar poemas, e rematando todos cantando á Virxe, como sempre se fixo. Para non perder a tradición, a parroquia agasallará ós pequenos con petiscos e doces. Así mesmo, a comisión de festas, tamén, terá aberto o chiringuito para quen queira tomar o vermú", engade o colectivo.


222 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE