top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Cornado Mina Non quéixase ante Emprego "pola utilización de desempregados a prol da mina de Touro"

Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Veciñal Cornado Mina Non presenta unha queixa ante a Consellería de Emprego e Igualdade "pola utilización de persoas en situación de desemprego a prol da mina de Touro".


"A mercantil Cobre San Rafael está a a inscribir ás paradas e parados que entregan o

curriculum no seu colectivo instrumental, autodenominado “Asociación Plataforma de

Traballadores Mineiros Touro O Pino” para simular apoio social, dado que a entidade

creouse por parte de empregados da mineira co único obxectivo de fragmentar a

maioritaria oposición da veciñanza e tentar sacar adiante o proxecto de reapertura da

polémica explotación de cobre de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas", acusa esta plataforma.

Doutra banda, apunta que o colectivo da mineira "utiliza as cifras de supostos “socios” a conveniencia nun burdo acto de manipulación, pois no mes de setembro pasou, dunha semana para outra de falar de “máis de 1.000” socios a “máis de 1.300”, que aínda tendo en conta a irrealidade da cifra non deixan de ser persoas en situación de desemprego que na súa meirande parte descoñecen o uso torticeiro que se está a facer do seu requerimento laboral".


Ao mesmo tempo, Cornado Mina Non subliña que "a suposta plataforma de “Mineiros Touro O Pino” foi concibida dende a mineira e a prol do obxectivo comercial da mineira nunha estratexia de marketing corporativo cuidadosamente deseñada dende os despachos da empresa. Tanto é así que as propias oficinas de Cobre San Rafael na localidade de O Pino aparecen plenamente identificadas cos logotipos da súa asociación instrumental. Sen dúbida porque unha e outra son as dúas caras da mesma moeda".


Ademais, sinala que chama a atención que "a súa conta de Facebook do colectivo instrumental da mineira pasara ao pouco tempo da súa creación duns poucos seguidores a máis de 6.400, o que fai pensar, como xa se ven alertando online, da potencial compra de followers nunha política totalmente prohibida pola rede social. En contraste, a conta de Mina Touro O Pino non ten máis de 8.600 persoas reais conectadas e a de Cornado Mina Non máis de 1.700 acumuladas ao longo de anos de loita veciñal".


Por todos estes motivos, Cornado Mina Non vén de presentar unha queixa ante a Consellería de Emprego e Igualdade demandando que inste á empresa a deixar de lado este tipo de comportamentos que "só contribúen a enrarecer o ambiente social e atenden única e exclusivamente ao interés particular dunha empresa que só busca o seu máximo beneficio comercial".


Reclamo ao ICOG

Por outra parte, Cornado Mina Non rexeita "a utilización que Pablo Núñez Fernández, delegado en Galicia do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG), está a facer dunha

institución que debería ser de referencia -e por definición neutral- a favor do proxecto de reapertura da mina de Touro".


"É totalmente inaceptable que Núñez, como empregado de Cobre San Rafael e tamén membro da súa asociación instrumental de “Mineiros Touro O Pino”, esté a falar en nome

de todas as xeólogas e xeólogos colexiados en Galicia cando nin todos saben que isto

acontece en semellantes termos nin por suposto todos están a favor do Proxecto Touro

porque aparte das tarefas de exploración e investigación mineira este colectivo profesional

tamén traballa en moitos outros ámbitos diferentes, como por exemplo no ensino en centros de educación media e superior".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page