top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Medela lamenta "o sectarismo e o caciquismo de Reboredo á hora de resolver necesidades veciñais"

O concelleiro de Compromiso por Lalín pídelle ao popular "que respecte á veciñanza e que non mesture os seus temas persoais"


Ecos da Comarca/Lalín

O responsable de Rural de Compromiso por Lalín, Miguel Medela, instou este mércores ao goberno de Crespo a que demostre unha maior dilixencia á hora de dar resposta ás demandas e necesidades máis básicas da veciñanza en lugar de practicar “o caciquismo e o sectarismo cos que non pensan coma eles”.


Ese sectarismo, sumado á súa “incapacidade de xestión no día a día”, queda de manifesto coa “inexplicable demora resolver a reparación e mantemento de algúns puntos de luz ou outros desperfectos para os que tan só se poñen parches que acaban sendo permanentes”, afirma antes de responsabilizar directamente de algunha destas cuestións aos “escuros intereses caciquís do concelleiro César Reboredo”.

Neste caso en concreto, Medela salienta a situación que se deu na zona de Penacoba. Alí, "un veciño estivo meses agardando a que o Concello lle arranxase un punto de luz preto da súa casa, que supostamente estaba avariado. Ademais de solicitarllo persoalmente a César Reboredo en diferentes ocasións, o afectado chegou a presentar varios escritos no Concello denunciando a situación e pedindo que se solucionase o problema. Non se arranxou o punto de luz ata que Crespo, descoñecedor absoluto da cuestión, mantivo en datas recentes unha reunión veciñal na zona, o que demostra que, en contra do que afirmaba Reboredo, non había ningún problema para arranxar a farola e “só era cuestión de vontade”.


De feito, “algúns dos presentes nese encontro saíron absolutamente escandalizados da reunión despois de escoitar o que se cocía detrás da negativa de Reboredo a arranxar ese

punto de luz”.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Neste contexto, Miguel Medela pídelle a Reboredo que respecte á veciñanza e que “non

mesture os seus temas persoais, que todo o mundo coñece na zona, para facer as súas

cacicadas”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ao mesmo tempo, pregúntalle se o seu coñecido enfrontamento persoal con este veciño foi a causa de que non se resolvese antes o problema. Tamén lle pregunta ao edil José Cuñarro “se está de acordo coas manobras do seu compañeiro de partido ou se é cómplice necesario do sectarismo que se practica cara algúns veciños” neste tipo de actuacións.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page