top of page

Arzúa asume a vicepresidencia da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este cargo será ocupado durante dous anos pola concelleira arzuá Begoña Balado


Laura Moure/ Arzúa

 A nova xunta directiva da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés renovouse hai uns días no pleno extraordinario celebrado en Sarria e no que participaron os 11 concellos que forman parte del. Deste xeito, acordouse que o concello de Triacastela, da man da edil Olga Iglesias, terá a presidencia da entidade e a vicepresidencia correrá a cargo de Begoña Balado, concelleira de Turismo do Concello de Arzúa. A dirección vai rotando cada dous anos entre todos os municipios que forman parte dela.

Nestes momentos, os concellos membros están a traballar nun proxecto conxunto para a mellora das áreas recreativas, praias e espazos fluviais, co obxectivo de fomentar o turismo activo na auga doce e de que a xente que opta por facer turismo de interior en Galicia poida gozar de múltiples actividades. En palabras de Begoña Balado, concelleira de Turismo do Concello de Arzúa, “con este proxecto ofreceránse alternativas de lecer ao aire libre, que ademais poñen en valor os espazos naturais e axudarán a dinamizar a vida social e económica dos nosos concellos”.


No caso de Arzúa, espazos como a área recreativa de Ribadiso e o Encoro de Portodemouros serán clave nesta iniciativa.


No devandito pleno, tamén se acordou enviar a concursos de audiovisual o documental sobre o Camiño Francés que gravou a entidade e que aínda non se estreou, xa que ten como obxectivo subliñar os valores da ruta xacobea. O tráiler foi presentado na Feria Internacional de Turismo (Fitur) na que participou a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

 

Tal e como informan as autoridades presentes, a afectada é unha muller, duns 68 anos, que estaba subida a unha escada podando a viña, cando se precipitou. A vítima foi evacuada en helicóptero ao centro hospitalario. "Porque caeu cara atrás e hai que valorar as lesións que poida presentar", sinala a Garda Civil. "Ela queixábase dunha perna e da columna", puntualiza Protección Civil de Agolada.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Esta Mancomunidade

Está formada polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.


Os concellos que forman parte da mancomunidade teñen un camiño común a eles, o cal os fai unirse para defendelo, protexelo, coidalo e mesmo promocionalo. Cada concello, cada lugar..., ten espazos para que gocen peregrinos e turistas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page