top of page

Silleda aproba o convenio coa Deputación para mellorar a seguridade na zona deportiva-escolar

A actuación ten un orzamento de 893.189 euros


Laura Moure/Silleda

A localidade de Silleda.

O Concello de Silleda vén de aprobar o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para executar o proxecto de mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana da avenida Recinto Feiral e a rúa Arturo Pérez Lázara de Silleda.


É unha actuación á que concorreu o Concello e que se enmarca no programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares da Axenda 2030 - programa PON2030, posto en marcha pola Deputación.

Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Esta convocatoria extraordinaria da Deputación de Pontevedra contempla a posibilidade de actuar sobre espazos públicos, cumplindo cos obxectivos da Axenda 2030, entre os que figura a recuperación e mellora de espazos seguindo os parámetros da Rede Ágora, da que forma parte o Concello de Silleda.


O custo total da actuación ascende a 893.189,62 €, dos que o 85% serán aportados pola Deputación (759.211,18 €) e o 15% restante (133.978,44 €) polo Concello de Silleda. Polo tanto, mellorarase a mobilidade peonil e reforzarase a seguridade no entorno da zona deportivo-escolar da capital municipal, a cal recibe unha gran afluenza de persoas a diario.

O proxecto supón a rexeneración urbana do tramo da avenida Recinto Feiral, á beira do que se sitúan o CEIP Plurilingüe de Silleda e o pavillón municipal “César G. Fares”, así como na rúa Arturo Pérez Lázara, onde se ubica o estadio municipal de fútbol de Outeiriño, e o seu entorno, e tamén ca Escola de Música Municipal.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Esta actuación proxectada polo goberno municipal de Silleda hai xa varios meses suporá unha notable mellora da zona deportivo-escolar da vila de Silleda na que se concentran boa parte das actividades culturais e deportivas do noso municipio e na que se atopan ademais dous centros educativos como son o CEIP Plurilingüe de Silleda e a Escola Infantil a Galiña Azul”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page