top of page

Cuiña acusa a Crespo dun "engano masivo" e esíxelle que pida desculpas polos seus incumprimentos


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, defenderá no Pleno deste venres unha moción na que se poñen de manifesto os "numerosos incumprimentos de Crespo e o PP durante este mandato". Esíxelle por iso ao actual alcalde que se desculpe diante da Corporación, que representa a todos os veciños e veciñas de Lalín, "polo seu engano masivo á veciñanza".


Remarca ademais que esa elevada porcentaxe de incumprimento, superior ao 70 por cento, tivo lugar a pesar de ter suspendidas as regras fiscais, o cal facilitaba o gasto que fose necesario para a execución do seu programa electoral. “Atopámonos, polo tanto, ante unha mala fe manifesta, que se suma a unha incapacidade manifesta para a xestión municipal”, alerta antes de concluír que “estas son as dúas características que definiron o mandato do PP en Lalín”. Esta situación é aínda "máis grave tendo en conta que o anterior goberno deixou un Concello perfectamente saneado, sen débeda e con 8 millóns de euros en caixa".

Cuiña remarca que a listaxe de incumprimentos “supera de maneira abrumadora á de actuacións efectivamente realizadas”. Critica que “nin sequera se chegaron a facer os tres grandes proxectos para seguir transformando Lalín´, nos que houbo un “cen por cen de incumprimento”, enfatiza.


Así, a día de hoxe non se rexistraron avances na posta en marcha do novo complexo deportivo con pista de atletismo homologada a carón do Lalín Arena. Tampouco se levou a cabo a remodelación integral do estadio Manuel Anxo Cortizo, co cambio de grada e a pista cuberta de fútbol 7. E a “gran praza” de Lalín, que estivo catro anos metida nun caixón, non se poderá facer este mandato, como aseguraron que farían.


Salienta ademais como “especialmente intolerable” a falta de avances en materia sanitaria. Todo o que se prometeu nese eido para este mandato volve adiarse ata despois das vindeiras eleccións: “nin o CIS que eu asinei en 2018 está concluído, nin hai servizo de pediatría polas tardes, nin temos ambulancia medicalizada”. Neste último aspecto considera “esperpéntico que Crespo se xacte de que a Xunta vai incluír no próximo concurso un vehículo que nin sequera cumpre as características prometidas no seu día polo PP".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por iso, Cuiña incide en que esta campaña electoral vai ser a do eterno retorno para o Partido Popular. “A Crespo non lle quedará máis remedio que sacar as mesmas infografías e repetir as mesmas promesas, no que é unha clara evidencia de que o seu ciclo político está esgotado e instalado nun bucle prexudicial para os intereses xerais de Lalín”, di.


Nun exercicio de altura de miras e responsabilidade co electorado, Cuiña anuncia que no Pleno tamén fará unha engadido á moción para que a Corporación asuma o compromiso de que, goberne quen goberne despois do 28 de maio, no próximo mandato se fagan as pistas de atletismo, se fixe unha contía anual obrigatoria para a execución de saneamentos e traídas de auga e se incrementen, cando menos no dobre, as axudas destinadas ás escolas e deportivas e entidades do deporte base de Lalín.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page