top of page

Unha furgoneta colisiona contra un camión estacionado en Monterroso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O helicóptero do 061 tivo que desprazarse ao lugar


Ecos da Comarca/Monterroso

Este xoves produciuse un accidente en Monterroso que provocou a mobilización do helicóptero do 061.

O accidente de hoxe. Autor: GES Monterroso.

O 112 Galicia deu a voz de alarma escasos minutos das 13:30 horas. O suceso ocorreu na N-640 xa na saída da localidade dirección Lugo. Unha furgoneta acabou colisionando contra un camión que estaba estacionado.


"A causa do accidente houbo unha persoa atrapada, pero finalmente foi evacuada en ambulancia", informa o GES de Monterroso.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais do GES, do helicóptero e da ambulancia ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Chantada para liberar ao afectado.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page