top of page

Manuel Cuiña dá a coñecer o seu equipo para o 28M formado por 23 persoas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Jesús Taboada, Paula Fernández , Antonio Losada e Ángela Troitiño, nos postos de saída da súa lista


Laura Moure/Silleda

Manuel Cuiña Fernández, actual alcalde de Silleda e candidato a renovar a Alcaldía no municipio trasdezán, deu a coñecer hoxe a lista completa de cara aos comicios do vindeiro 28-M. Un equipo formado por 23 homes e mulleres, algúns deles novos en política “dispostos a traballar polo noso municipio cas mesmas gañas, forza e ilusión cas que empezamos hai 16 anos”, engade.

A Mónica González Conde, que xa foi presentada no número 2, séguenlle por esta orde actuais compañeiros do actual grupo de goberno. Así, no número 3 figura Jesús Taboada Lazara ,  concelleiro de Medio Rural e veciño de Laro; no número 4 Paula Fernández Pena , de Silleda e que na actualidade é concelleira de Urbanismo;  Antonio Ferro Losada no quinto lugar, veciño de Carboeiro e actual responsable municipal de Obras e Servizos e  no sexto Ángela Troitiño Gil (6) de Silleda, que se encarga dos departamentos de Benestar Social, Educación e Sanidade.


No posto número 7 está  Manuel Requeijo Rey, natural de Chapa e unha das novas incorporacións da candidatura. Séguelle na oitava posición Asunción García Hernández, veciña de Escuadro e en noveno lugar Manuel Rozados Villar, de Graba, que xa concorreron na lista de 2019. No número 10 sitúase Encarna Oleiro Novo, a máis nova da lista con 20 anos, veciña de Cira e tamén unha das novas caras da agrupación; Benjamín Valiñas Nuñez, de Refoxos, no número 11; Estefanía Taín Surribas, no número 12 e Belén Calvo Costa, de Cortegada no 13, continúan tamén completando os nomes das persoas titulares.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A lista de suplentes, con outros dez nomes, ábrese con outras dúas novas incorporacións da agrupación socialista: Flavia Payno Gonçalves  e Manuel Limia González. Séguenlle por esta orde José Manuel Castro Iglesias, Rosa Losada Alcobre, Javier González Sánchez, María Caramés Requeijo, Pablo García García,  os ex concelleiros Ana Luisa González Costa, Benito Saavedra Vázquez e pechando Pilar Peón Iglesias, actual concelleira do grupo de goberno, nas áreas de Emprego, Comercio, Personal Medio Ambiente e Industria.


“Temos novamente un equipo preparado para gobernar, co que aspiramos a revalidar a maioría absoluta nas vindeiras eleccións do 28 de maio”, apunta Cuiña.


O candidato e actual alcalde tamén agradece o traballo realizado por compañeiros e compañeiras que non figuran esta vez na candidatura, e de xeito especial a Pili Peón, que leva varios mandatos como concelleira e que agora pecha una lista “ca que queremos continuar o traballo iniciado con novos proxectos e ideas e na mesma liña de esforzo e adicación de todos estes anos”, e a Klaus Brey, que foi concelleiro de Industria e Servizos durante varias lexislaturas e na presente, ata mediados de 2021.  

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page