top of page

Camiñas presenta ao PSOE como "a alternativa para sacar a Rodeiro do caos no que o sumio o PP"

Lanza a súa candidatura cunha cea, con asistencia de David Regades, demostrando a fortaleza e unidade do proxecto socialista


Ecos da Comarca/Rodeiro

O PSdeG-PSOE exhibiu forza en Rodeiro cun acto preelectoral consistente nunha cea á que asistiron un centenar de simpatizantes e militantes. O candidato socialista, José Luís Camiñas, alertou sobre "o caos en que PP ten sumido a Rodeiro" e animou a “facer algo xa”, apostando o próximo 28 de maio por un modelo completamente distinto, no que "Rodeiro estea por diante de todo con xente comprometida e que ten a Rodeiro na cabeza e no corazón”.


Á cea asistiron o secretario xeral provincial, David Regades; o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña e outros representantes socialistas da comarca. Tamén estiveron os exalcaldes Manuel Salgado e Pepe Vence e “históricos” en Rodeiro como Edita Lorenzo e Horacio Ferradás, evidenciando a unión de todo o PSOE de Camba, “en claro contraste cun PP dividido e á fuga”.

“Estamos vendo con espanto como o Concello está sumido no caos e non lle dá chegado a hora do remate deste caótico mandato”, afirmou José Luís Camiñas. “A que volve ao PP faino obrigada, sen ningunha ilusión; os que si teñen ilusión son os que marchan, pero non é ilusión por traballar por Rodeiro, precisamente”. O candidato socialista destacou que non haberá nin proxecto, nin servizos de  calidade se non se cambia o rumbo para que o Concello comece a despregar políticas para fixar poboación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O candidato socialista referiuse “ao desastre” na xestión da subvención para “a rotonda de pedra serrada” na praza de Oseira, onde o Concello tardou tres anos e medio en presentar as certificacións da obra do Plan Concellos 2018, perdendo así a subvención. “Hai que ser nefastos para perder unha achega da Deputación, que dá ata tres anos para facela; hai que ser nefastos para merecer un informe como o que emitiu a Intervención da Deputación, que é absolutamente demoledor”, recalcou Camiñas.


David Regades amosou o seu orgullo polo compromiso do candidato socialista co seu pobo. “O PP está moi preocupado con Camiñas; porque o PP perdeu a confianza da xente e sabe que non pode recuperala en 15 días”. Afirmou que fronte a un PP que escapa de Rodeiro, Camiñas ten responsabilidade, dedicación e sabe escoitar.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page