Os gandeiros esixen que se arranxen as numerosas fochancas que ten e trasladan as queixas que reciben dos seus proveedores
Laura Moure/Palas de Rei
Veciños de Berbetouros, en Palas de Rei, reclaman unha solución urxente e necesaria ao víal, LU-P-4004, que conecta as saídas de Palas con Berbetouros a Xende . Reuníronse co alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e co deputado Provincial, Javier Jorge Castiñeira, aos que daban traslado do seu malestar ante o “lamentable” estado do citado víal, que vertebra unha das zonas do municipio con destacada presenza de explotacións gandeiras.
Así mesmo, os gandeiros esixen que se arranxen as numerosas fochancas que presenta este vial e que "fan perigar a seguridade dos múltiples usuarios diarios, en especial, en curvas e cambios de rasante". Destacaron, ademais, as reiteradas queixas que están a percibir dos proveedores de pienso, gasóleo, e outros produtos cos que abastecen as súas explotacións, así como, reclamaban que se limpen as cunetas, dado que cando chove, hai puntos nos que auga invade a totalidade da calzada dificultando e poñendo en perigo a circulación.
O alcalde dará traslado do malestar veciñal e solicitará, unha vez máis, o arranxo da LU-P-4004 á Deputación de Lugo, titular do citado víal, reclamando “un arranxo efectivo e duradeiro no tempo para este víal que vertebra unha zona eminentemente gandeira do municipio e pola que a diario teñen que pasar vehículos moi pesados”.
Comments