top of page

A Xunta clausura en Monterroso o obradoiro de emprego Camiño de Santiago que formou 20 persoas

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que se destinaron 528.000 euros á iniciativa, que inclúe incentivos á contratación en empresas locais de 16 dos participantes


Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Galicia clausurou este luns a terceira edición do obradoiro de emprego Camiño de Santiago, no que se formaron 20 traballadores desempregados en especialidades relacionadas co turismo e a xardinaría e montes. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de diplomas xunto cos alcaldes dos concellos promotores: Eloy Pérez, de Monterroso; Pablo Taboada, de Palas de Rei, e Pablo Rivas, de Portomarín.

Arias destacou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 528.000 euros na iniciativa, incluíndo os incentivos para facilitar a contratación en empresas locais de 16 dos participantes unha vez concluída a formación.


Durante o último ano, o alumnado do obradoiro adquiriu coñecementos e práctica laboral a través dun contrato na especialidade elixida. Así, seis deles formáronse en promoción turística local e información ao visitante, e traballaron dous en cada municipio mellorando os puntos de atención turística, propoñendo actuacións sustentables ou establecendo visitas guiadas polo Camiño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os outros 14 aprenderon a desempeñar actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en conservación e mellora de montes, e actuaron sobre xardíns e zonas verdes dos tres municipios. 

En Palas de Rei melloraron a área recreativa “Os Chacotes”, a contorna do mercado gandeiro, e xardíns como os do centro médico, a praza de Galicia e o do concello, ademais de ampliar o axardinamento da avenida de Compostela.


En Monterroso acondicionaron o treito do Camiño de Santiago entre Ligonde e Airexe e as áreas verdes dos cruceiros de Ligonde e Lameiros. Pola súa banda, en Portomarín actuaron sobre os xardíns da igrexa de San Pedro, a praza da Aviación Española, e as zonas verdes das pistas de pádel e da Casa da Cultura, entre outros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O delegado territorial sinalou que nas vindeiras semanas poranse en marcha novos obradoiros de emprego “que achegarán oportunidades laborais a máis persoas sen emprego, para que poidan aprender un oficio e reorientar a súa traxectoria profesional”.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page