top of page

O GTR conquista sendas probas do país veciño

O club lalinense estivo presente en Amarante e Viana do Castelo, onde recolleron unha medalla en cada proba


Ecos da Comarca/Lalín

Na pasada fin de semana, varios deportistas do Galaico Trail Run viaxaron ata o país veciño, Portugal, para participar de sendas probas.

Por unha banda, Javier Carballude e Andrea Vázquez desputaron o Ultra Trail do Marão (Amarante), cunha distancia de 25 quilómetros. Esta proba, que subía ata a Capela de Nosa Senhora da Guía, non destacaba polo seu gran desnivel, pero si pola velocidade da mesma. Cabe destacar, que Andrea acadou unha medalla de prata na clasificación feminina. "Dende o Club queremos trasladarlle os nosos ánimos a Iván Sangiao, que na proba de 115 K tivo que abandonar por unha serie de infortunios cando ía líder da mesma".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Por outra banda, o GTR tamén tivo representación no Ultra Trail Santa Luzia (Viana do Castelo), onde os galaicos tiveron que subir e baixar 700 escaleiras. Nesta proba, Rendo e Ferre apostaron pola distancia de 33 k, mentres que Patricia Varela e Cristina Couto pola de 18 k. Varela, finalmente, foi a gañadora da súa proba.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Tamén destacar que Manuel Adán foi o primeiro clasificado na categoría de Veterano na proba Trail Ribeiras do Tambre, que tivo lugar o domingo. Esta carreira tiña unha distancia de 16 k con +400 m.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page