top of page

O programa 'Ler conta Moito' continuará en Silleda en maio con motivo do Día das Letras

Incluirá un obradoiro de dobraxe de cine para maiores de 8 anos


Laura Moure/Silleda

O programa Ler conta Moito arranca este xoves na biblioteca municipal pública Daniel Castelao de Silleda con motivo do Día do Libro. Baixo o título O mundo da dobraxe, Manuel Pombo impartirá un obradoiro para nen@s maiores de oito anos.

Trátase dun obradoiro lúdico educativo, no que a través dunha dramatización moi visual se amosan todos os pasos da elaboración dunha película, desde a creación do guión ata dobraxe da mesma que realizan ao final as persoas participantes. A cita será este xoves día 20 ás 17:00 horas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O programa Ler conta Moito continuará en maio, con motivo do Día das Letras, cunha actividade a cargo de A Run Run, baixo o título Rúa Francisco Fernández del Riego, dirixida ao público familiar para afondar na figura do autor ao que se adica este ano o Día das Letras. A cita será o xoves 18 de maio ás 17:30 horas.


Tamén no mes de outubro está prevista a celebración doutra actividade sobre robótica creativa para os máis novos, da que se irá dando conta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page