top of page

Continuán as actividades de prevención do programa Ardora no IES Pintor Colmeiro de Silleda

O obxectivo é a prevención de condutas adictivas


Laura Moure/Silleda

Nas últimas semanas veñen de retormarse as actividadades do programa Ardora, posto en marcha de xeito conxunto polo Concello de Silleda, a través de Benestar Social, e a Asociación Arraianas no marco da prevención de condutas adictivas. Esta iniciativa subvencionado da Consellería de Sanidade e que xestiona a citada asociación, conta con distintos proxectos dirixidos a diversos sectores (eido educativo, eido familiar e eido xuvenil).


Publicidade

Así, no eido educativo, propóñense actividades de saúde na escola, de cara á intervención co alumnado dos centros para promover a adopción de estilos de vida saudables. Tamén se plantexans sesións para abordar cos máis novos o impacto, mitos e crenzas sobre as drogas, ou outro programa para facilitar ferramentas sobre como afrontar a protección ante a situación de consumo xogo patolóxico, violencia e/ou maltrato favorecendo o aumento da autoestima, o autocoidado e a capacidade para recoñecer os indicadores de risco fronte que alertan destas problemáticas.


A elaboración de material didáctico e divulgativo de carácter preventivo, buscando favorecer hábitos de vida saudable e o bo trato será outra das liñas de traballo no eido da mocidade.


Publicidade

Proxecto Ardora tamén plantexa actividades no eido familiar, dirixidas á poboación adulta (pais, nais, titores/as) de familias con fillos e fillas adolescentes que se atopan en situación de risco en relación co consumo de substancias nocivas para a súa saúde; así como a intervención terapéutica dirixida  a  familias dos diferentes concellos nas que se presente algún patrón de consumo de substancias aditivas


O programa extenderase ao ano 2025. A día de hoxe estanse implementando os obradoiros no IES Pintor Colmeiro e despois do traballo cos grupos de 4ª da ESO, se están a realizar co alumnado de FP Básica.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page