Dous incendios na parroquia de Rañestras nos que se queiman case 1ha de monte
IsmaelRS/Rodeiro
Na tarde de onte arredor das seis e media da tarde houbo dous incendios na parroquia de Rañestras (Rodeiro), controlándose sobre as nove e media da noite.
Nesta operación participaron un vehículo nodriza, tres brigadas, dous axentes, o helicóptero de Silleda e o Avión de Carga en Terra.
Lembrar que xa houbo varios incendios nos días pasados en este municipio, que non é algo illado, que ata o alcalde Rubén Quintá Quintá, fala de que poden ser intencionados. Comentaba o seguinte o 16 de Agosto as 9:51h na súa conta de facebook:
Onte domingo en 2 horas e media iniciáronse 3 incendios no noso concello. En 3 parroquias distintas
Está claro que non foi froito do azar…
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Comments