top of page

Continúan os casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa

Só Dozón rexistra cero afectados a día de hoxe


Laura Moure

VENRES 29 XANEIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continúan os casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo os datos proporcionados hoxe, venres 29, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou por fontes municipais, pero hai que ter en conta sempre que as cifras poden mudar dunhas horas para outras.


Na comarca arzuana, Arzúa pasou de 51 a 54 e no Pino ascenderon en catro e rexistra 43. Pola contra, baixaron en Boimorto que onte tiña 10 e hoxe a taxa sitúase entre 1 e 9 e en Touro pasou de 22 a 18 afectados.


As cifras van en aumento na comarca de Deza na maioría dos municipios. Agolada pasa de 32 a 36 como indica o concelleiro de Sanidade , Marcos Galego. Lalín contabiliza hoxe 69, seis máis que fai 24 horas; en Silleda os casos subiron en catro rexistrando así 123 e Vila de Cruces pasou de 49 a 51.


Cabe recordar que en Silleda mañá se levará a cabo un cribado ao que se citou vía mensaxe a 720 veciños de entre 31 e 50 anos. Mentres, en Rodeiro, segundo o alcalde, Luís López, hai catro casos activos porque deuse unha alta. E Dozón convértese no único municipio destas catro comarcas con cero casos.

Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense hai seis casos menos e quedan en 66 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques continúan entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén segue entre 1 e 9 casos; en Monterroso ten 11, un máis ca onte e Palas de Rei pasou de 57 a 66, sendo o concello que rexistrou o maior incremento nestas últimas 24 horas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page