top of page

Continúan as saídas dos escolares do programa 'Trasdeza pinta O Camiño'

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Silleda

Continúan as saídas dos escolares dentro do programa Trasdeza pinta O Camiño, impulsado polo Concello de Silleda co apoio do Xacobeo 2021. Estas imaxes correspóndense aos grupos do CEIP de Silleda e Colexio María Inmaculada. Os do colexio fixeron o tramo O Foxo-A Bandeira, un total de 6,6 quilómetros nos que se desviaron para ver a tumba do pintor Manuel Colmeiro, en Margaride. Mentres, o grupo do María Inmaculada realizou 5,5 quilómetros dende Ponte Taboada ata Silleda. Todos analizaron o camiño e serán os encargados de elixir os emprazamentos que logo pintarán autores e autoras locais dentro desta iniciativa.


Agora só falta o grupo do CEIP Ramón de Valenzuela, que ten prevista a saída, se o tempo o permite, o vindeiro martes 23, para facer o último tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page