As iniciativas que empezaron o 26 de xuño coa instalación da Exposición “Punto e Seguido”, continúan ata o 10 de xullo
Laura Moure/Lalín
Despois da gran cita deportiva “carreira e andaina polo dano cerebral” que tivo lugar o domingo en Lalín, continúan as actividades ata o 10 de xullo centradas nesta doenza. A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e a Asociación SARELA, en colaboración co Concello de Lalín organizan este Ciclo de Actividades de Sensibilización e Visibilización do dano cerebral adquirido.
Publicidade
As actividades programadas continuarán desenvolvéndose esta semana nos seguintes horarios e localizacións:
- Exposición Punto e Seguido, a vida despois do dano cerebral, unha mostra fotográfica
e audiovisual que pretende acercar á cidadanía o traballo realizado polas entidades de
dano cerebral de Galicia, así como a posibilidade de refacer os proxectos de vida das
persoas e familias con dano cerebral, despois de que se produce o mesmo. Dende o 26
de xuño ata o 10 de xullo estará exposta no Auditorio Municipal de Lalín para que
todas as persoas interesadas en visitala podan achegarse.
- O martes 4 de xullo ás 17:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Biblioteca de Lalín, a
Sesión informativa sobre o dano cerebral, facilitada polas profesionais da asociación
Sarela dirixida a toda a poboación, facendo especial atención ás persoas maiores de 50
anos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no 681 301 958 ou no 986 780
014.
- O xoves 6 de xullo ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca de Lalín, celebrarase o Cinefórum Visións sobre o Dano Cerebral Adquirido no Cinema. Realizarase un
coloquio con profesionais especializadas logo da proxección da película Háblame de
ti , que nos trae a historia de Alain, un respectado home de negocios e excelente
orador, que sufre un ictus con importantes secuelas na fala e na memoria, o que lle
obriga a reorganizar o seu proxecto vital e profesional. As persoas interesadas en
asistir poden inscribirse no 681 301 958 ou no 986 780 014.
- Obradoiro ‘Os Bolechas’, realizarase para os nenos e nenas asistentes ao
campamento organizado para rapaces de entre 3 e 6 anos na casa da Xuventude de
Lalín, un obradoiro sobre o libro Os Bolechas: Mireia conta que é o dano cerebral
adquirido o mércores 5 de xullo.
Estas actividades dan continuidade á gran cita deportiva que tivo lugar o domingo en
Lalín, a II Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ , que percorreu o
trazado do paseo fluvial Pontiñas, tanto para as diferentes modalidades da carreira como na andaina, e contou con unha participación de 220 persoas que contribuíron a visibilizar o DCA e sensibilizar sobre as necesidades de atención e dotación de recursos de atención que este colectivo ten.
Publicidade
Tal e como informou o Concello os resultados foron:
5K Feminino: 1-Vanesa Insaurralde (do equipo ETP Encuentra Tu Potencial) 2-Paula Vázquez (do clube AD Cerne) 3-María Isabel López (independente, de Dozón)
5K Masculino 1-Miguel Anxo Nogueira (do clube Noitebra) 2-Iván Fontán (de Meis) 3-Marcos Otreo (do clube Atletismo A Estrada)
10K Feminino: 1-Silvia Fernández (do SD Compostela) 2-Belén Varela (independente, de Agolada) 3-Andrea Vázquez (do GTR)
10K Masculino: 1-Ismael Lago (do San Miguel de Marín) 2-Rubén Vicente (do AD Cerne) 3-Óscar Fernández (independente, de Santiago de Compostela)
Sub16: (só houbo 1º e 2º posto masculino) 1-Noé Dafonte (da Escola Fútbol Lalín) 2-Breogán García (do Atletismo Deza)
Resto de categorías escolares: non competitivas.
Comments