Este mércores haberá unha xornada específica para comercios e empresas, o venres unha charla para a cidadanía en xeral e o sábado, de novo haberá un posto informativo en Silleda
Laura Moure/Arzúa
A semana pasada comezaba no municipio a campaña de comunicación e promoción do uso dos colectores marróns instalados nos cascos urbanos a través da colocación de puntos informativos en Silleda e Bandeira. Esta semana realizaranse outras actividades programadas dentro desta campaña.

Hoxe, mércores 24, ás 18:00 horas no salón de actos do Concello, haberá unha xornada destinada específicamente para os grandes xeradores de biorresiduos (comercios e empresas). Tamén a partir de mañá 24 vanse realizar visitas aos domicilios que non acudiran aos puntos informativos, co obxectivo de facerlles chegar a información e os materiais promocionais, ademais de resolver as dúbidas que poidan ter.
Publicidade
O venres 26, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello, haberá unha charla informativa dirixida á cidadanía en xeral, na cal se entregará o kit de reciclaxe da orgánica: caldeiro aireado, un rolo de bolsas compostables, a chave metálica e o folleto informativo.
Este sábado 27, de 10:00 a 17:00 horas na Praza do Siñor Afranio (en caso de choiva será na Casa do Concello), haberá de novo un stand onde se proporcionará información e se entregarán todos os materiais necesarios para a separación da orgánica.
Publicidade
No mes de febreiro, o xoves 1 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bandeira, haberá outra charla informativa dirixida á cidadanía en xeral.
O sábado 10 de febreiro, de 10:00 a 17:00 horas na Praza da Igrexa de Silleda, instalaranse un punto de información. En Bandeira estes puntos vanse colocar na rúa da Capela os sábados 3 e 17, de 10:00 a 17:00 horas.
Publicidade
Tanto esta campaña de comunicación coma os caldeiros achegaranse a cidadanía a través dunha axuda da Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos recollida no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, que lle foi outorgada ao Concello de Silleda cun importe de 53.000 euros.
Kommentare