Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda,Julio Ramos, cualifica de “maquiavélica” a estratexia "que tanto goberno Local, como oposición no municipio de Silleda e a administración titular do vial), mantén para gañar “protagonismo electoral”, antepoñen o interese político, ao beneficio da veciñanza, sen interesarse en absoluto polos prexuízos que poida causar o estropicio que presenta a capa de rodadura do trazado".
Ramos reitera, que o estado na que se atopa o pavimento de firme da PO-201, “esnaquizado e intransitable”, demostra "o pouco interese que mostran os nosos gobernantes en xestionar adecuadamente as súas responsabilidades, a súa “conveniencia” política non está centrada no pobo".
Asegura que no ano 2.006 gastáronse aproximadamente 4,5 millóns de euros en acondicionar o vial, onde o proxecto fixa “un ancho de 3,5 metros de carril dobre sentido de circulación e un metro de beiravía” inexistente. ç2Pouco máis de cinco anos resistiu o firme, cando leva unha década no actual estado, tentando emendar con “ bacheos” as “chapuzas” realizadas. Sen entrar a valorar a “pésima” sinalización, seguridade e mantemento do vial", recalca.
Contigo Silleda esixe ao Goberno Local e oposición municipal “máis seriedade e menos teatro” e reclamar “firmemente” á Administración titular do vial sen contemplación algunha, o acondicionamento inmediato do vial. "Os cidadáns non podemos seguir sendo o “obxectivo prexudicado” polas "pequena liorta” políticas. Solicitaremos nos próximos días á Xunta de Galicia, pola concesión de conservación do vial. Non descartamos tomar as medidas legais, se o viario continua no estado actual, ante as considerables queixas de veciños e usuarios do vial, estamos “fartos” desta situación", conclúe.
Comments