top of page

Contigo Silleda solicita a paralización da segunda fase da rede de calor

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 14 jun 2021

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda solicita a paralización da segunda fase da rede de calor. O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, alerta ao executivo local "de que os traballos de colocación e instalación da tubaxe ríxida da rede de calor na rúa Rúa do Morón, non ofrecen garantías, non se está realizando adecuadamente o que pode influír no bo rendemento e funcionamento do sistema". "Os tubos están a colocarse sobre o perfilado de fondo de gabia”, incide Ramos.


Considera que "o material de extracción da escavación da gabia contén unha considerable mestura voluminosa de pedra, polo que estaría fóra dos parámetros de material seleccionado que esixe a normativa para a colocación e recrecido das tubaxes e podería mesmo danar o sistema de protección e de detección de fugas, se algunha das pedras entrase en contacto cos tubos, ao realizar o recheo e o compactado con medios mecánicos. Ademais, soportasen o tráfico rodado de gran tonelaxe".

Recalca que as tubaxes deberán "ir asentadas e enmantadas sobre unha tongada de area de “vinte” centímetros compactada con medios mecánicos e coa colocación da cinta de advertencia, para o posterior recrecido de gabia. A separación entre os tubos debe ser non inferior a vinte” centímetros", incide. Ademais, cre que "suprimir a base de area implica diminuír e recortar calidade e durabilidade dos traballos e un aforro considerable en m/3 en escavación e materiais”. E recalca que "os tramos de execución non deberían superar os “cincuenta” metros". Ramos, lembra que o proceso de execución da primeira fase foi unha “chapuza en toda regra”.


Polo tanto, Contigo Silleda insta ao goberno local "a deixar de “mirar a outro lado”. Dubidamos de que as obras cumpran as garantías dos pregos. Non hai cartel de obra, sinalización, seguridade e caseta de obra. Cal é o plan do goberno local?", pregúntase.





0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page