Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Contigo Silleda pide o pintado dos illotes e dos pasos e a colocación adecuada de sinais na rotonda

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda urxe ao goberno local de Silleda o pintado dos illotes, pasos de peóns, marcas viarias e sinalización horizontal e vertical adecuada da rotonda. O presidente desta formación, Julio Ramos, denuncia "que os pasos elevados sen pintar confunden aos condutores, o sinal informativo de paso de peóns non informa de que existe un badén na calzada, o que esta creando malestar aos usuarios do vial".

Así mesmo, recrimina que "as beiravías quedaron sen recrecer, con escalonamientos de case vinte centímetros, deixaron sen repoñer a zona empedrada que levantaron pegado ao muro das Pedrosas, refugallos de materiais empregados nas obras tirados sen recoller, non repararon os danos que ocasionaron coas obras en rúas de acceso ao núcleo urbano, algúns materiais (como bordillo) colocáronse rotos, e outros danos que quedaron sen emendar nas obras".

Contigo Silleda propón ao executivo "o revestimento do tramo cunetas que canalizan a auga ao sistema de evacuación de pluviais, colocando un sistema de malla de contención para reter o escombro que arrastren as choivas e evitar así que se atasque a rede de pluviais".

99 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE