top of page

Contigo Silleda insiste "no caos que ocasiona a falta de sinalización e o estado da obra da rotonda"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, denuncia o “caos que está a ocasionar a falta de sinalización e o estado das obras da rotonda en Silleda por enésima vez". Contigo Silleda califica ao goberno local de Silleda de “comediantes titulados ao permitir o estado nas que seguen avanzando as obras de mellora de mobilidade na EP 7201, na construción da rotonda nos arredores do cemiterio".

Ademais, subliña que "animamos ao goberno local a que se interese un pouco máis por ver o barullo que se está armando nas obras da rotonda nos arredores do cemiterio. Como xa é habitual o Executivo non se preocupa en absoluto. O sentido común brilla pola súa ausencia. Modifican a circulación nos tramos afectados polas obras, sen previo aviso, de calquera xeito, sen a sinalización correspondente que esixe a normativa segundo a clase de vial".

Ademais, acúsaos de que "se pasan a pelota uns a outros e que cada un circule por onde atope oco e búsquese a vida como poida. Os veciños seguimos pagando as obras dúas veces. Peor é imposible facelo, nin a posta. Dous operarios dando voltas dun lado para outro nas obras, pechan o paso nunha zona e vanse a traballar a outra, nin sinalización nin nada. Os sobrantes das demolicións (aglomerado, mangueiras, formigón) amontoado á beira do cemiterio coma se fose “o vertedoiro municipal” cando o proxecto fixa unha partida orzada para demolición e transporte a entulleira. Isto parece un circo", lamenta. "Maquinaria de obra, coches e persoas todo revolto na zona ata que pase algo", subliña Ramos.


Por todo isto, Contigo Silleda insta o Concello a poñer en coñecemento ou determinar a falta de seguridade nas obras. "Polo ben de veciños e visitantes", recalca.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page