Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda denuncia que "seguen tirando restos de obras en vías de Silleda e o Concello segue sen facer nada". Afirma que residuos de construcións e demolicións aparecen tirados nos arredores do campo de golf de Silleda, anacos de ladrillos, cementos e outros materiais abrasivos e contaminantes co medio ambiente, "cando nas ordenanzas e regulacións municipais detallan sen confusión algunha os trámites, procesos e medios que deben utilizarse para o tratamento de residuos de obras".

Ante isto, recalca que "non entendemos como o goberno local de Silleda permite tirar restos de obras no mesmo núcleo urbano do municipio, cando saben perfectamente que está prohibido" e acusa de que “se son amigos do alcalde, Don Manuel Cuiña, non se lle esixe, e aos outros si.”
O presidente desta formación, Julio Ramos, avanza que “solicitaremos á Policía Local o informe municipal das verteduras porque isto xa é un escándalo". E insta ao Concello para que cumpra e faga cumprir as ordenanzas e regulacións municipais, sanción e retirada das demolicións da vía pública.
Comments