top of page

Contigo Silleda denuncia que o executivo local "só está realizando a conservación parcial de viais"

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia que "o executivo de Silleda só está a realizar a conservación parcial dos viais municipais". "As rozas, limpeza de cunetas e drenaxes, non son unha actuación meramente estética, son traballos fundamentais para conseguir a seguridade e durabilidade para a conservación dos viais municipais", recalca.

E sinala que o vial que enlaza a estrada EP-6503 en Barro coa PO-201 pasando polo Santuario da Saleta na parroquia de Siador "está saturada de vexetación, inundacións e fochancas e a falta de rozas, limpeza de cunetas e drenaxes obstaculizan a viabilidade da pista, polo que é imposible a circulación en dobre sentido".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, incide en que o estado deste vial "e outros moitos desmontan as falsas expectativas que o alcalde D. Manuel Cuiña quérenos convencer coa súa intachable xestión á fronte do Consistorio durante catro mandatos do partido socialista de Silleda".


Ante isto, Contigo Silleda insta o goberno socialista de Silleda a que "realice os traballos íntegros de conservación nos viais, inclusive a sinalización e que desista de dar un lavado de fronte para poder superar os comicios electorais".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page