Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Contigo Silleda denuncia que as obras de Humanización da rúa Chousa Nova "continúan rompendo"

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia que as obras de Humanización de Chousa Nova "continúan rompendo". O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, matiza que as roturas que van aparecendo nas obras débense a que “espremeron tanto os espesores e as calidades dos materiais para empregar, que agora vense as chapuzas realizadas”.

Despois de revisar parte do expediente documental achegado polo Concello, Ramos sinala que "xórdennos moitas dúbidas de cal é o método que utilizan realmente, para levar a cabo o procedemento de adxudicación das obras. O goberno local de Silleda, segundo o expediente do procedemento de adxudicación definitiva e a Acta da Mesa de Contratación emitida considerou que, dentro das cinco mellores ofertas, a máis alta cumpría os requisitos, presentando unhas melloras, sen saber o seu valor e en que partidas se realizaron, porque non se aprecian por ningún lado das obras”. E acusa ao membros do goberno de que "están máis centrados nos beneficios políticos, que nos beneficios que se poidan achegar aos veciños. Os responsables municipais non supervisaron as obras”, afirma Ramos.

O presidente de Contigo Silleda ademais anima ao alcalde, Manuel Cuiña, "despois de abonar as obras integramente” para que poida comprobar in situ, "que a calidade das lousas de granito, non é a que marca o proxecto dos nove bancos e os dezaoito bolardos que fixa o proxecto para colocar". E asegura que “instalaron seis bancos, tres menos dos que se deberían colocar e os dezaoito bolardos non se atopan por ningún lado” polo que incide en que "queremos que lles explique ademais aos veciños por que devolveu a garantía definitiva de 18.246,90 euros, cando os traballos non quedaron ben realizados e poder custear con ese aval as reparacións que se están levando a cabo con persoal de obras e servizos do Concello, cando xa se destinaron case (segundo os datos facilitados polo Concello) 441.547,98 euros para pagar os traballos realizados. Os veciños pagaremos dúas veces os mesmos traballos. Para quen goberna o señor alcalde?", pregúntase Ramos.

Contigo Silleda responsabiliza ao executivo dos “gastos extras” que se destinarán en reparacións nas obras, "que conlevarán a realizar recortes noutras materias e mesmo repercutirá nunha subida de impostos para a veciñanza", considera.




51 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE