top of page

Contigo Silleda denuncia que as melloras do servizo de recollida do cartón non se aprecian na rúa

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia que as melloras do servizo de recollida do cartón non se aprecian na rúa. "O contrato do lixo cústanos tres veces máis e os servizos minguaron considerablemente".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A formación municipalista que preside Julio Ramos, faise eco das queixas veciñais "polo desastroso servizo que a UTE GESECO – Construcións Taboada e Ramos S.L está ofrecendo aos veciños do municipio, en canto á recollida e xestión de cartón e enseres do fogar no municipio".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Algúns veciños, sinala Contigo Silleda, "din sentirse molestos de sacar os cartóns aos puntos de recollida e ter que volver recollelos posteriormente, porque a empresa non facía as recollidas a pesar coordinar coas oficinas as retiradas, tamén hai queixas do número de teléfono que lle facilitaron desde o concepto, a maioría de veces non contestan as chamadas".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Estamos cansos de pagar e escoitar sempre a mesma historia. Non se pode adxudicar un contrato para blindar a concesión e despois negociar os prezos”. Ramos insta á alcaldesa Paula Fernández, "a que pida responsabilidades á empresa executora dos servizos, e a anule taxantemente os compromisos contractuais. Os indicios son viables para rescindir o

contrato".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page