Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Contigo Silleda denuncia que a estatua da muller labrega da localidade "está caendo a cachos"

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, denuncia, que a estatua da Muller Labrega de Silleda esta “caendo a cachos”. "Tanto a estrutura, como o deseño interno da rotonda, situada na intersección da Nacional 525 e da EP 7201 e o acceso ás instalacións da Semana Verde de Galicia, están completamente “esnaquizados” e a superficie do interior do estanque de auga está sucia e con cor verdosa e deteriorada", critica.

Ademais, sinala que algúns dos elementos do surtido de auga, non funcionan correctamente. "A pedra utilizada para embelecer, tanto a base de apoio da simbólica estatua como a parte exterior do estanque, están rotas e os restos amontoados na zona perimetral e outros tirados no interior do estanque. O céspede e as árbores dán pena velos”. Ademais, cuestiona que os materiais que se empreguen (a pedra, o céspede e a auga) deben buscar estar en sintonía coa contorna do municipio de modo que provoquen sensacións positivas, tanto aos veciños, como aos visitantes.

Por todo isto, Contigo Silleda demanda ao goberno local de Silleda que, na maior brevidade posible, restaure integramente a estrutura e o deseño interno da rotonda.


36 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE